Papá, por que Non Pintas As Unllas de Cores? Educando (Construíndo) Masculinidades Disidentes

Jorge García Marín

Editorial Galaxia, S.A.

15,00

Sin ejemplares. Se puede encargar.

Fecha estimada de entrega 26 abril, 2021 - 28 abril, 2021
ISBN: 978-84-9151-410-7

Descripción

Non se nace home ou muller.

Apréndese a ser home ou muller.

No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, ademais, machos, a desenvolver unha serie de roles e de comportamentos que, a estas alturas do século XXI, convén revisar en detalle.

Neste libro, Jorge Marín reflexiona sobre a necesidade de deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora.

É un libro sobre as Novas Masculinidades que temos que empezar, entre todas e todos, a construír para conseguir un mundo máis igual e, sobre todo, homes e mulleres máis felices.

Dende a educación formal, os videoxogos, a literatura, os medios de comunicación.

Dende mil ámbitos se nos constrúe como homes tradicionais dunha sociedade que debe deixar de ser tradicional.

O século actual e os que han vir precisan un novo tipo de masculinidade.

Pensar sobre el é xa un xeito de avanzar.