Un señor elegante

Suso De Toro

Edicións Xerais

23,90

Sin ejemplares. Se puede encargar.

Páginas: 544
Edición:
ISBN: 978-84-9121-766-4

Descripción

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano.

Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.

Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas.

É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo.

Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.

Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país.

Alguén dunha enorme dimensión ética.

A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.

Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

Información adicional

Título

Un señor elegante